O “Náutico de Ribeira” entrega os premios do 50ª Aniversario aos mellores barcos do Circuíto de Cruceiros

16 Xullo 2022
foto Juan Caballero

Juan Caballero.- O Club Náutico e Deportivo de Ribeira pecha a súa gran tempada de Cruceiros coa finalización da Regata Gadis, última proba valedoira do Circuito Especial 50ª Aniversario do club ribeirense co que conmemora o seu medio século de vida, fóra da regata clasificatoria de Optimist, que con tal motivo ten reservada para o mes de outubro deste ano.

Con algo máis dunha hora de atraso sobre o horario previsto, debido ás frouxas condicións de vento, púidose dar o top de saída. O oficial principal da regata, Francisco Pérez-Lafuente, a proposta do director da Regata Gadis, Miguel Cons, elixiu, finalmente, o percorrido numeral 18, cunha modificación nun dos tramos e publicado no TOA virtual – Taboleiro Oficial de Anuncios-, con suficiente antelación á saída e á reunión de patróns, e no que se expoñía que, os Regata e os Cruceiro/Regata trazarían 10 millas totais con saída, Boia de Desmarque (que tomaron por Babor), Sinal do Castro por Babor, Illa de Rúa por Babor, Boia Baixo Ter por Babor, Boia Sinal do Maño por Estribor e chegada.
Con todo, os Cruceiro, farían saída, Boia de Desmarque por Babor, Sinal do Castro por Babor, Illa de Rúa rodeada por Babor e Chegada, en total 8 millas.

foto Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.