O músico noiés Rodrigo Romaní, a biológa María Luisa Castro e o colectivo Nova Escola Galega, Premios Lois Peña

04 Xullo 2022

O pasado 30 de xuño celebrouse no Castelo de Soutomaior a entrega dos premios da XXVI edición dos Premios Lois Peña Novo, que este ano recibiron o músico noiés Rodrigo Romaní, a bióloga María Luisa Castro e o colectivo Nova Escola Galega.

Rodrigo Romaní nunha imaxe de Rafael Ojea

Participaron no acto, entre outros, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e diversos representantes das fundacións Lois Peña Novo e Vicente Risco. Tamén fixo acto de presenza Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, quen salientou a boa intención destes galardóns cos que se busca “poñer en valor a todas aquelas persoas que dignifican Galicia e manteñen un compromiso coa nosa lingua nas súas traxectorias profesionais xurídicas e administrativas”.

Os Premios Lois Peña Novo son convocados cada ano polo Padroado da Fundación Lois Peña Novo co obxectivo de recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas. O xurado, formado por Jorge Mira, catedrático de Física Aplicada da USC; Celia Pereira, avogada e presidenta da Fundación Vicente Risco; Ana Mosquera, avogada; Martín Fernández, xornalista, e Carme Pérez, secretaria da Fundación Peña Novo, foi o encargado de conceder os premios correspondentes nesta edición.

Os galardoados

Rodrigo Romaní (Noia, 1957) é un embaixador da música tradicional galega no mundo con máis de 40 anos de traxectoria creando referentes no imaxinario colectivo galego. Desde 1978 ao 2000 foi integrante do grupo Milladoiro e, máis tarde, director do Conservatorio de Música tradicional de Vigo, creando a primeira escola permanente existente en España adicada á arpa celta. Foi tamén director da Banda de Música SonDeSeu, un proxecto pioneiro que a partir da música tradicional galega creou un novo modelo en formato orquestral converténdose nun referente noutros países europeos. Na súa vila natal impulsou o sobranceiro Noia Arp Fest.

María Luísa Castro Cerceda (Lugo, 1955), doutora en bioloxía, foi profesora titular na Facultade de Bioloxía e Ciencia do Mar da Universidade de Vigo onde desenvolveu o seu maxisterio académico impartindo aulas en galego. É autora dunha ampla obra individual en galego que a sitúa como un referente no exterior e destacou como defensora do uso da lingua galega no eido científico. Ademais, co seu traballo ten contribuído á galeguización dun sector onde o uso do noso idioma é minoritario. Actualmente é directora da empresa MycoGalicia Planta, desde onde promove en galego o desenvolvemento rural en campos relacionados co medioambiente.

A Asociación Nova Escola Galega, pola súa banda, foi recoñecida por tratarse dun colectivo sociopedagóxico que desde 1983 vén traballando coa finalidade de construír un sistema educativo en galego, público e democrático, implicando a persoas tanto do ámbito educativo como da sociedade en xeral, exercendo un labor de renovación pedagóxica en todos os niveis do ensino en Galicia.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.