As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+), A negativo (A-) e A positivo (A+) seguen baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-) atópanse normais.
As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+), A negativo (A-) e A positivo (A+) seguen baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-) atópanse normais.
Debido a iso, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), chama á participación da cidadanía para doar sangue xa que, lembra, os hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo o seu labor asistencial.
Co fin de facilitar a doazón, unidades móbiles de ADOS visitarán diversos concellos galegos nos próximos días para conseguir as doazóns necesarias para o labor asistencial dos centros sanitarios de Galicia.
Este luns, 11 de xullo, acudirán unidades móbiles aos municipios de Porto do Son –zona portuaria, Ribeira, Aguiño e Fisterra.




