O Festival Atlántica na Pobra chega esta finde ao seu remate

04 Xullo 2022

A Pobra do Caramiñal contará nesta semana coas dúas últimas sesións de narración oral no marco do Festival Atlántica. Desta vez é a quenda do bloque dirixido a público adulto.

Celso F. Sanmartín achegará de viva voz Catro aves escollidas son as que cruzan o mar na que, coa metáfora de que somos aves de paso, evocamos os momentos no conxunto e o resultado desta capacidade pode dar paso á melancolía, a cal é propensa a buscar táboas de salvamento nas historias que contamos. Terá lugar no 6 de xullo, a partir das 21.00 horas, na Portela.

E, no día 9, a narración trasladarase ao adro do Castelo con Contos e sucedidos, das 21.30 horas en diante. Trátase dunha escolma de relatos colombianos atravesados pola experiencia e bo facer da contadora Carolina Rueda.

Ámbalas citas son de balde e contan coa colaboración da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). Máis información en www.festivalatlantica.gal.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.