Entre o 14 e o 17 de xullo vaise celebrar en Rianxo a cuarta edición do Festival Cómico de Rúa, o RianClown, organizado pola Comisión de Festas Virxe do Carme en colaboración co Concello. As actividades correrán a cargo da compañía Charlatana e celebraranse en varios recantos da localidade rianxeira.
As actividades comezarán este xoves 14 con Al Grano (Kaldi) na praza Castelao (Campo de Arriba), a partir das 21.00 horas, e e proseguirán o venres 15 con Hipnótica Circo Teatro (Minerflu, una vuelta por el mundo), na Praciña a partir das 21.00 horas. Ao día seguinte será volverá a compañía Hipnótica con Expedición las Nadies, na Zona da Martela a partir das 12.30 horas. O domingo haberá ración dupla de espectáculos, con Pajarito (Isolada) ás 12.30 horas na Praciña e A Vela Circo (A Corda) na praza Castelao (Campo de Arriba) ás 21.00 horas.




