O Concello de Porto do Son mellora accesos en Miñortos, Carballosa, Caamaño, Guiandón e Xuño

08 Xullo 2022

O Concello de Porto está a intensificar o traballo neste inicio do verán para mellorar infraestruturas, accesos e servizos, poñendo o foco en optimizar a seguridade de estradas, camiños e beirarrúas e, tamén, a accesibilidade e a comodidade dos usuarios que acceden ás praias e aos puntos de interese turístico. Neste punto de inflexión entre o mes de xuño e o de xullo actuouse nos seguintes puntos:

Na parroquia de Miñortos, acondicionando a contorna das fontes e dos antigos lavadoiros, incluíndo tamén nestes traballos a Casa da Cultura.

En Carballosa, achegando máis accesibilidade e comodidade ás beirarrúas e rozando o parque infantil.

Na parroquia de Caamaño, co acondicionamento con saburra do acceso á concorrida praia de Boca do Río.

En Guiandón, coa mellora dos accesos por estrada.

Na parroquia de Xuño, co despregue de saburra nos accesos e o estacionamento da praia das Furnas.

Outros artigos

O 29 comeza no Son un curso de AGADEA para persoas coidadoras

A Asociación AGADEA, a federación FAGAL e o Concello de Porto do Son van organizar os vindeiros días un curso para facilitar o día a día de quen ten ao seu cargo persoas dependentes con demencias neurodexenerativa tipo alzhéimer, co obxectivo de achegarlles recursos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...