As mulleres de Lousame avanzarán en empregabilidade cun programa de formación tecnolóxica: Xeración 20=22

22 Xullo 2022

O Concello de Lousame vai fomentar a empregabilidade feminina no seu territorio con formación tecnolóxica avanzada. Este será un dos piares fundamentais do programa Xeración 20=22, proxecto gratuíto de promoción laboral e empresarial que pon o foco nas mulleres do municipio (de idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos) e que se vai desenvolver en Lousame no último semestre do ano. Así o deron a coñecer esta semana a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; a directora da empresa Senescit, Paloma Seijo; e Mónica Castaño, técnica da Concellería de Igualdade.

A alcaldesa felicitou tanto ás técnicas municipais como á empresa que se encargará de desenvolver Xeración 20=22 polo seu traballo: “É un proxecto moi ben feito e agora temos que animar ás veciñas de Lousame para que non desaproveiten esta oportunidade única e se apunten. Será una formación eminentemente práctica, desde como preparar unha entrevista de traballo ou como acceder a ofertas de emprego, ata seminarios de apoio a mulleres emprendedoras para que aprendan nocións completas de mercadotecnia e comercio dixital”. Neste sentido, puxo en valor que Xeración 20=22 foi un dos 10 proxectos a nivel nacional elixidos pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Igualdade, para o seu financiamento.

Tres tipos de iniciativas

Paloma Seijo, quen coordinará o desenvolvemento do programa Xeración 20=22, explicou que a iniciativa abrangue tres tipos de accións principais:
1- Xeración 20=22. Emprego, que consiste nun conxunto de sesións formativas encamiñadas á procura de emprego, “factor clave da independencia económica”. Inclúe un módulo de motivación e orientación para a busca de emprego, ferramentas na web 2.0 para a busca de emprego, accións de networking e creación dunha marca persoal. O proxecto desenvolverase en 10 sesións, de 3 horas cada unha. Duración: 30 horas.
2- Xeración 20=22. Dixital, que consiste nun obradoiro de introdución á informática e ás novas tecnoloxías. Un taller de capacitación e empoderamento dixital dirixido a mulleres onde, ademais de superar a fenda dixital, busca reconectar ás mulleres co pracer de aprender. Este proxecto desenvolverase en 10 sesións, de 2 horas cada unha.
Duración: 20 horas.

3- Xeración 20-22. Autoemprego, que consiste en seminarios de apoio e formación de mulleres emprendedoras co obxectivo de mellorar a súa idea de negocio e adaptala á situación actual. O proxecto terá lugar en 15 sesións, de 4 horas cada unha, nos que se desenvolverán obradoiros de comercio electrónico e mercadotecnia (marketing) dixital. Duración: 60 horas.

Paloma Seijo sinalou que “os dous primeiros están dirixidos a mulleres que queren entrar ou volver a entrar no mercado laboral, mentres que o de autoemprego vai dirixido a mulleres que xa teñan un proxecto propio e busquen adaptalo á situación actual”. En todos os casos, “serán grupos moi reducidos, cunha formación moi práctica e personalizada dende o primeiro
momento”.

Inicio en setembro

Finalmente, Mónica Castaño explicou que o período de inscrición estará aberto durante todo o mes de agosto. Durante este tempo, o Concello enviará cartas a mulleres do municipio susceptíbeis de participar na iniciativa, que dará comezo no mes de setembro. “Os horarios adaptarémolos coas persoas que conformen o grupo, buscando en todo momento facilitar a conciliación familiar”, adianta Mónica Castaño.
O Concello de Lousame agarda contar coa participación dunhas 30 mulleres ao longo das tres accións do programa Xeración 20=22, se ben cada grupo que se conforme estará integrado por un máximo de 10 mulleres, para garantir así unha formación personalizada e eminentemente práctica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...