O Concello de Dodro participa na III edición do “Movimiento Ultreya 2022”, unha iniciativa solidaria que chegará a Dodro o 9 de xullo

05 Xullo 2022


Nesta edición o “Movimiento Ultreya” ten como obxetivos colaborar con proxectos locales de
carácter social e cultural, promovidos por asociacións que teñen como finalidade o desenrolo do
medio rural de España. Ofrecer visibilidade a poboacións da España máis despoboada destacando o
seu patrimonio social, cultural e medioambiental. E xerar obra social en poboacións con menos
comunicación.
O Movimiento Ultreya percorreá España durante 9 etapas nuha volta ciclista que comezou na
localidade sevillana de Alcalá de Guadaíra e que acabará en Fisterra. Facendo parada en Fuentes de
León (Badajoz), Aliseda (Cáceres), Macotera (Salamanca), Villalcázar de Sirga (Palencia), Tábara
(Zamora), A Mezquita (Ourense), Castro Caldelas (Ourense) e Dodro.
Cada unha das localidades contará cun embaixador que realizará todo o percorrido en
representación da súa localidade. Para este cometido Dodro conta coa persoa máis idónea para ser
representalo. O 2 de xullo uniuse ó grupo Francisco Xabier Castro Tourís, alcalde da localidade de
Dodro e gran afeccionado ó cilcismo que ademáis de practicar este deporte de forma asidua é unha
persoa moi ligada ó Club Cilcista Padronés.
9 concellos da España rural convertiranse en finais de etapa da expedición ciclista, onde se entregará
un cheque solidario no que colaboran todas as empresas do concello.
No caso de Dodro a asociación beneficiaria é Andaina Pro Saúde Mental, que persegue cubrir o vacío
existente na atención global a persoas con problemas de saúde mental en zonas rurais da comarca
do Sar.
A chegada a Dodro está prevista para as 18.30 horas do sábado 9 de xullo no Palacio de Lestrobe. O
recibimento correrá a cargo das autoridades municipais e da propia asociación beneficiaria Andaina
Pro Saúde Mental. Ademáis este recibimento está aberto a todas as peroas que queiran unirse para
celebrar a chegada do grupo ciclista.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.