O Concello de Dodro organiza unha excursión aos Canóns do Sil

28 Xullo 2022


O departamento de Servizos Sociais do Concello de Dodro organiza unha excursión aos Canóns do Sil aberta á veciñanza do municipio. A actividade, fixada para o 6 de agosto, ten aberto até este venres 29 de xullo o prazo de inscricións. Segundo advirte o Concello, as prazas son limitadas. Os prezos serán de 20 euros por persoa. A saída está programada paras 7.00 horas e o regreso para as 21.00. Inclúense visitas a Monforte de Lemos, a Castro Caldelas e a Ourense, amais dunha viaxe en catamarán dende Doade até o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

Outros artigos

Mellora das paradas de autobús na comarca en Dodro, Rois e Padrón

As obras de mellora da accesibilidade en 63 paradas de autobús en estradas autonómicas na zona sur de Santiago, realizadas pola Xunta cun investimento de 1,8 millóns de euros, alcanzaron xa un progreso do 25%. Estas accións forman parte dun contrato máis amplo que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...