O Concello de Boiro organiza unha viaxe en catamarán para persoas xubiladas

30 Xullo 2022

O Concello de Boiro, a través das concellarías de Servizos Sociais e Turismo, organiza unha viaxe en catamarán destinada a persoas xubiladas do municipio. A actividade será gratuíta e celebrarase o vindeiro xoves 4 de agosto pola tarde con saída do Náutico de Cabo de Cruz.

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a paisaxe e recursos de Boiro e a Ría de Arousa, cunha viaxe dunhas tres horas de duración dende Cabo de Cruz ata a desembocadura do río Ulla polo interior da ría. Esta primeira viaxe será completamente de balde e destinada principalmente a persoas xubiladas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar poden inscribirse a partir do luns na Oficina de Turismo do Concello de Boiro, que está aberta pola mañá de 9.00 a 14.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.30 horas e o número máximo de reservas que se poden facer por persoa é de dúas.

Vista aérea de Arousa Norte, no Barbanza

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.