O Concello de Boiro continúa a súa aposta pola compostaxe con 130 novos recipientes específicos

11 Xullo 2022

O Concello de Boiro vén de abrir un novo prazo de solicitude para participar no programa de compostaxe doméstica que comezou no ano 2019. Con esta nova convocatoria vanse repartir un total de 130 novos composteiros cos que se pretende “seguir reducindo os residuos que se depositan nos contedores xenéricos”, sinalaron fontes do Consistorio, engadindo que ao abeiro deste programa xa se repartiron dende 2019 preto de 120 recipientes, poñendo o foco en vivendas unifamiliares de todas as parroquias. “O obxectivo é que a cifra siga aumentando nos vindeiros anos”, engadiuse.

O programa implicou tamén a activación dun seguimento do uso que se fai dos composteiros, uns datos que nos indican que a maior parte dos restos depositalos son materia sobrante de cociña seguido de segaduras de horta. Amais, a información aportada polos destinatarios do programa indica que o emprego de composteiros supón un aforro na xestión de entre 600 e 800 litros.

Esta nova adquisición de recipientes específicos por parte do Concello de Boiro realizase mediante unha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal e que están co-financiadas pola Unión Europea-Next Generation EU.

Calquera veciño que resida unha vivenda unifamiliar de Boiro ou que dispoña dunha horta con cultivo pode facer a solicitude do seu composteiro no departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro. A solicitude pode facerse de xeito presencial no Concello de Boiro, a través do enderezo electrónico medioambiente@boiro.org ou no teléfono 981 37 75 85.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.