O ciclista Roi Jorge Vázquez, convocado pola selección española para participar na Copa do Mundo de BTT

12 Xullo 2022


Roi Jorge Vázquez, rider nado en Lousame, foi convocado pola selección española para tomar parte na Copa do Mundo UCI de BTT, que se celebra esta semana en Vallnord-Pal Arinsal (Andorra). O ciclista de categoría júnior competirá nun campionato que contará con ao redor de 800 deportistas procedentes de cincuenta países que participarán en modalidades XCO, XCC e DHI.
Roi Jorge Vázquez acode por segunda vez a unha convocatoria da selección española de BTT despois de realizar o seu debut internacional en marzo, en Lourdes, tras a chamada de Mikel Zabala, seleccionador nacional. A Copa do Mundo arrinca hoxe e o obxectivo do ciclista de Lousame é acumular experiencia e tratar de mellorar os resultados obtidos na súa anterior comparecencia internacional.
Roi Jorge Vázquez preparouse de maneira exhaustiva para tomar parte na Copa do Mundo. Durante o último mes, programou moitas sesións dobres de ximnasio e bicicleta. Hai dúas semanas, participou na Copa de España DHI, celebrada en Panticosa, na que tivo boas sensacións, pero non puido pasar dunha discreta sexta posición, prexudicado por unha leve caída.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.