O alumnado dos campamentos de verán de Ribeira participa na campaña autonómica de promoción de produtos do mar

18 Xullo 2022

O alumnado inscrito nos dous campamentos municipais de conciliación promovidos polo Concello de Ribeira (Xoga con nós e Camp of Cultural Summer) está a participar dende o mediodía deste luns 18 de xullo na campaña Ti si que es un bo peixe, deseñada pola Consellería do Mar coa finalidade de promocionar o consumo de produtos frescos do mar.

Con tal motivo as rapazas e rapaces asistiron a un obradoiro no que dunha maneira divertida e amena coñeceron as vantaxes de consumir peixes e mariscos e manter unha dieta equilibrada.

Na actividade, celebrada nas instalacións do colexio O Grupo, estivo presente a concelleira de Cultura, María Sampedro, quen destacou a idoneidade desta iniciativa para que os nenos e nenas se familiaricen coas características destes alimentos que poden atopar nos seus fogares e nos mercados municipais.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.