O 6 de xullo remata o prazo para anotarse na I Carreira Solidaria Móvete Pola Diabetes (A Pobra)

04 Xullo 2022

A Pobra do Caramiñal vivirá o 9 de xullo unha xornada de deporte e solidariedade coa I Carreira Solidaria Móvete Pola Diabetes que, segundo informou o Concello, xa leva máis de 110 persoas anotadas. Trátase dunha proba a favor a favor da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia) que se organiza xunto coas Concellarías dos Deportes e da Sanidade da Pobra, ademais da Deputación da Coruña, en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo.

A cita arrancará a partir das 20.00 horas e comprende as categorías dende a sub-6 ata a máster 6, que deberán completa-la distancia que lles corresponda segundo a modalidade. O circuíto habilitarase no tramo de fachada marítima comprendido entre a praza Alcalde Segundo Durán e o peirao comercial.

A saída establécese na rúa Fernández Albor e a meta no interior da referida praza, onde, coa colaboración de varias entidades, se desenvolverán de xeito paralelo diversas actividades.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 6 de xullo a través da páxina web de Carreiras Galegas. A cota é de balde para as categorías menores e cun prezo de 6 euros para as adultas. Tamén se dispón do dorsal 0, para quen non poida participar, pero desexe igualmente facer a súa doazón.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...