O 13 de agosto Porto do Son acolle a edición XXVIII da Festa do Polbo

18 Xullo 2022

O 13 de agosto vaise celebrar outro gran clásico do noso panorama cultural e gastronómico: a Festa do Polbo de Porto do Son, edición XXVIII. Segundo anunciaron dende a organización, será unha convocatoria memorábel, non só pola calidade do produto e polo completo do programa de actividades, senón polo contexto de recuperación tralas varias parénteses motivadas pola COVID. A festa, abeirada ao programa Infinitamente Natural do Concello de Porto do Son, comeza a primeira hora da mañá (ás 8.00 horas na explanada portuaria do Son, para iniciar o desprazamento en bus até Boiro) coa Ruta do Polbo, e proseguirá ao mediodía coa degustación colectiva (a cargo da Pulpería Veloso, con acompañamento de música tradicional) e rematará pola noite con O Son da Danza (Festival de Baile da Escola Municipal de Danza Anduriña).

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.