Como todos os meses, chega outro número de Código Cero. o 229, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, ao Nodo GalicIA. e ás novas sesións dos Almorzos TIC-Talk organizados polo CITIC. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Televés pon en xogo unha tecnoloxía para liberarnos do efecto fading nos nosos televisores
– Colle impulso dende a UVigo unha ferramenta para detectar datos falsos nos debates políticos
– A ESEI foi un fervedoiro de actividades tecnolóxicas nestes comezos do verán
– Gaiástech presenta o mapa de capacidades dixitais de Galicia
– Entrevistamos a Sonia Villapol, neurocientífica e investigadora galega
– O CiTIUS luciu proxectos nunha xornada Inside the Lab que recuperou presencialidade
– O sector e a Consellería do Mar promoven no mundo (e na Rede) os nosos produtos
– AGASOL co-organizou en Vigo o Congreso EsLibre
– Xa quece motores o evento tecnolóxico PulpoCon
– O Observatorio da Cultura confirma un avance imporante das TIC entre a nosa cativada
– A rapazada de Vigo contribúe ao desenvolvemento dun videoxogo amigo do noso mar
– Política Lingüística dá a coñecer o palmarés do certame Nós tamén creamos!
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Cada vez está máis preto un futuro no que non haberá listas de espera para transplantes
Novo número, o 254, de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital...