Novas tecnolóxicas de Código Cero, mércores 6 de xullo 2022

06 Xullo 2022
Mércores, 6 de xullo de 2022
Xunta, universidades e Eurorrexión dan forma oficial ao Nodo GalicIA
Esta mañá celebrouse en Santiago o acto institucional de constitución do Nodo GalicIA, que sería, segundo as entidades impulsoras, “a primeira estrutura de colaboración transfronteiriza para o desenvolvemento da Intelixencia Artificial na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”. A cita foi inaugurada polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, vicepresidente primeiro da Xunta. Segundo dixo, o obxectivo do Nodo é “concentrar a todos os axentes públicos e privados relacionados con esta tecnoloxía e establecer as bases dunha Intelixencia Artificial ética e fiábel para Galicia”. Asemade, porá o foco en reivindicar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como “un referente no ecosistema europeo e internacional” neste tipo de tecnoloxías punteiras.[ler máis]A nova pulseira de actividade de Xiaomi aproxímase aos smartwatches
Xiaomi presentou en China a Xiaomi Smart Band 7 Pro, unha pulseira de actividade que se aproxima moito a un smartwatch no seu factor de forma, aínda que mantén un prezo moi axustado (379 iuans, que ao cambio serían 55 euros), de aí que sexa un produto que ten certo sentido no catálogo do fabricante chinés.[ler máis]Lollipop Chainsaw terá remake en 2023
En 2012 chegou a PlayStation 3 e Xbox 360 un xogo hack and slash protagonizado por unha animadora que tiña que enfrontarse a unha vaga de zombis, Lollipop Chainsaw, que pese ser un título bastante modesto (consecuente cos filmes de serie Z nos que se inspira), conseguiu converterse nunha obra de culto, grazas en boa medida polo traballo de figuras recoñecidas Goichi Suda na dirección e James Gunn na historia.[ler máis]










 
· Rueda recalca o compromiso da Xunta cunha administración xudicial moderna
· Asus presenta os seus novos móbiles para gamers
· As secretarías de Política Lingüística e Educación comparten o palmarés da X edición de Nós tamén creamos!
· Máis dun centenar de docentes universitarios reúnense na UDC nas Xornadas sobre a Ensinanza de Informática
· Pablo García Peralta e Ángeles Nogueras, novos convidados de SinFiltro na sesión deste mércores
· O Proxecto Nós organiza un curso de verán sobre tecnoloxías da linguaxe
· O CiTIUS luciu proxectos nunha xornada Inside the Lab que recuperou ao cen por cen a presencialidade

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...