Novas tecnolóxicas de Código Cero, 23 de xullo de 2022

23 Xullo 2022
Política Lingüística programa 400 actividades a través do repositorio de proxectos dixitais e presenciais Tece Redes
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa este verán 300 actividades familiares, xuvenís e infantís coa campaña Tece Redes en galego, o novo repositorio de proxectos dixitais e servizos presenciais creado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, que o Goberno galego pon en marcha cun orzamento de máis dun millón de euros.[ler máis]O Pixel 6a chega a España con auriculares de agasallo
En maio Google anunciou o seu novo smartphone de referencia na súa liña económica, o Pixel 6a, pero cunha data de lanzamento bastante desesperante, xa que mencionaban que non se podería adquirir até o verán, e por fin temos aberta a reserva en España, tanto na tenda oficial de Google, como en establecementos como Amazon, a un prezo de 459 euros, pero cun agasallo moi atractivo: uns auriculares Pixel Buds A-Series.[ler máis]As consolas de videoxogos portátiles non deben usarse a máis de 35°C
Nestes días de altas temperaturas é habitual que certas compañías dean recomendacións sobre as precaucións que deben tomarse con produtos electrónicos, xa que a calor é un grande inimigo dos mesmos, pero desta volta resultou curioso que fosen os fabricantes de dispositivos de xogo portátiles os que lanzasen estas advertencias, probablemente porque até o momento as consolas portátiles era dispositivos pouco potentes que non eran tan susceptibles á calor.[ler máis]










· Instagram potenciará novamente os Reels
· Facebook facilitará a consulta dos contidos máis recentes
· Videoxogo.gal partifica na prestixiosa feira GameInvest, este 22 de xullo en Málaga
· A UVigo ratifica a súa continuidade na rede de Cátedras Telefónica
· AtlantTIC sitúa á UVigo entre as 300 mellores universidades do mundo en telecomunicacións
· Manuel Rey gaña o Premio Somos Esenciais 2021 co seu podcast sobre a pandemia
· Telefónica ligará dispositivos IoT vía satélite con 5G para ofrecer conectividade en zonas remotas
· A segunda edición de Galeguizando Tik Tok repartirá dende A Pobra lotes de produtos culturais galegos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión