Novas tecnolóxicas de Código Cero, 22 de xullo de 2022

22 Xullo 2022
O investigador do CITIC Álvaro Michelena, Premio Nacional ao Mellor TFM en Control Intelixente
O proxecto do CITIC (Centro de Investigación TIC) sobre a aprendizaxe intelixente aplicada ás instalacións de control de auga, desenvolvido polo investigador Álvaro Michelena Grandío, vén de obter un importante recoñecemento: o Premio Nacional ao Mellor TFM/TFG en Control Intelixente outorgado polo Comité Español de Automática (CEA) e patrocinado pola empresa ASTI. A investigación de Michelena propón un sistema de control máis rápido excelente e eficiente, con capacidade para detectar anomalías en tempo real das instalacións de control de líquidos.[ler máis]Google probará novos prototipos de lentes de realidade aumentada
As Google Glass foron un produto que non conseguiu ver a luz, principalmente polo rexeitamento detectado no público durante as súas probas (por mor da posibilidade de invadir a intimidade doutras persoas coa súa cámara), pero a compañía de Mountain View non se retirou deste tipo de produto, buscándolle utilidades prácticas, e agora recoñecen que están a probar un novo prototipo de lentes de realidade aumentada orientadas á transcrición e tradución de voz en tempo real, o que poderiamos describir como engadir subtítulos á realidade.[ler máis]Spider-Man para PC contará con numerosas melloras gráficas
Insomniac Games vén de revelar detalles de Marvel’s Spider-Man Remasterizado para PC, que xa pode reservarse a través de Steam e da tenda dixital de Epic Games, e para o que contaron coa apoio de Nixxes Software, estudio que conseguiu que este xogo que verá a luz o 12 de agosto presente unha serie de melloras que nin sequera están presentes na versión para PlayStation 5 do xogo.[ler máis]










 
· Discord chega a Xbox· Qualcomm presenta novos procesadores para smartwatches
· Movistar lanza Conecta Autónomos 1Gb con conectividade fixa a máxima velocidade e con experto tecnolóxico
· R e Cruz Vermella levan a inclusión dixital aos maiores de toda Galicia
· Recepción oficial en Boiro á cooperativa de mercadotecnia dixital Kracia tralo seu premio en Madrid
· A VII Andaina Solidaria de CONGALSA estrea formato híbrido: presencial e en liña
· A xira da Cruz Vermella e R para dixitalizar aos maiores recala en Lugo, Chantada e A Fonsagrada
· Galicia acollerá en outubro a segunda edición do New Space España

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...