Novas tecnolóxicas de Código Cero, 20 de xullo de 2022

20 Xullo 2022
O primeiro ano da Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou máis de 300 millóns de euros
Estratexia Galicia Dixital 2030 mobilizou máis de 300 millóns de euros para avanzar na transformación tecnolóxica da nosa terra. Así o fixo saber este mércores 19 de xullo a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, no pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información (OSIMGA). Pereira, que presidiu a sesión, tamén debullou o plan de traballo do observatorio para o vindeiro ano e fixo balance do realizado en 2021.[ler máis]A 5G, a ciberseguridade e a IA centrarán a terceira edición da Demoweek de Gradiant
Entre o tres e 7 de outubro, o Centro Tecnolóxico Gradiant vai celebrar a terceira edición do seu DemoWeek, co obxectivo de mostrar os últimos avances en conectividade, intelixencia e seguridade. Será unha axenda de actividades de portas abertas, dende a súa nova sede, dirixidas a empresas e profesionais. Segundo confirmou Gradiant, nestas xornadas prestarase especial atención aos sistemas aéreos non tripulados e a industria intelixent.[ler máis]Xa podemos mercar o novo Surface Laptop Go 2
O novo portátil lixeiro de Microsoft, o Surface Laptop Go 2, chega finalmente a España para o público xeral (as empresas podían adquirilo dende o pasado 7 de xuño), satisfacendo así a demanda dun tipo de usuario para o que a mobilidade é especialmente importante, como no caso dos estudantes.[ler máis]










 
· Lugo implanta unha plataforma smart para axudar na toma de decisións municipais
· Remata en Ribeira o proceso de dixitalización de 92.511 páxinas do Arquivo Histórico Municipal
· En marcha unha empresa galega que integra tecnoloxías educativas, talento e nube: Éutika
· Lanzada unha campaña en Instagram que conecta a nosa gastronomía mariñeira co patrimonio subacuático
· Novo micrófono USB de HyperX
· FIFA 23 potenciará o fútbol feminino

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...