Nenos e maiores da Pobra participan nunha actividade de intercambio ao abeiro dos obradoiros Móvete

28 Xullo 2022

Crianzas participantes nos obradoiros Móvete atópanse estes días compartindo experiencias coas persoas maiores usuarias do Centro de Día da Pobra do Caramiñal. Nesta xornada do 28 de xullo asistiron para interpretar un popurrí de cancións tradicionais galegas e outras pertencentes a xéneros contemporáneos.

Outra das actividades exercidas nesta semana foi con motivo do Día dos Avós, no cal os nenos e nenas quixeron felicitalos cunha performance e un poema de Saramago, trasladándolles así o seu agarimo. Deseguido, estiveron conversando sobre os xogos e xoguetes máis populares da nenez dos/as anciáns.

E, xa para os vindeiros días, está previsto que compartan o contacontos A que sabe a Lúa?. A maiores, desenvolverase un espectáculo de maxia e monicreques .

Esta serie de propostas atópanse ao abeiro dos obradoiros de conciliación para a tempada estival postos en marcha pola Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.