Multitudinaria concentración da veciñanza de Noia para recriminar ao goberno da Xunta a recente autorización de vertidos á mina de San Finx. O baleirado dos pozos da mina conlevará unhas drenaxes acédas que porán en grave perigo a pesca e marisqueo na ría.

Ecoloxistas en Acción denuncia a ilegalidade da proposta de resolución que ven de emitir Augas de Galicia para autorizar os vertidos da mina de San Finx, situada a apenas 7 km augas arriba dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia e do espazo da Rede Natura 2000 do Esteiro do Tambre. A proposta ven de dictarse nun procedemento pragado de irregularidades que leva sete anos en trámite e anuncian accións legais contra os funcionarios e altos cargos responsábeis.
Segundo a organización ecoloxistas, a autorización de vertido busca apenas garantir a escapatoria do Grupo SACYR, que a finais de decembro pasado asinou un acordo entregando a mina a unha empresa australiana, Biscay Minerals, desprovista de fondos e que non ten ningunha outra mina ou proxecto en todo o planeta. O acordo estaba condicionado a que a Xunta outorgara á mina a autorización de vertido, pois do contrario sería Sacyr quen terá que asumir os custos de restaurar e clausurar definitivamente a explotación.
A resolución, que esperan sexa emitida a finais de agosto aproveitando o periodo vacacional, sexa impugnada xudicialmente, o asunto levarase tamén á vía penal ao existir indicios claros de delitos de prevaricación.



