“Manipulación informativa” – José Manuel Pena

07 Xullo 2022

En calquera sociedade democrática moderna que se prece é moi importante dispor duns medios de comunicación libres, veraces e independentes. Por desgraza, desde hai algún tempo, a liberdade de prensa converteuse nunha manipulación frecuente ao servizo de intereses corporativistas, empresariais e políticos. Mesmo pretenden derrocar gobernos, elixidos democraticamente, pola porta de atrás coas súas manipulacións interesadas.

Recordo, con satisfacción, cando os medios de comunicación sabían e querían distinguir ente o que é información e opinión. Buscaban trasladar á sociedade unha información obxectiva sen deixar de reflectir os diferentes puntos de vista e de plasmar a liña editorial dunha maneira ben diferenciada. Actualmente vemos como o bulo, o insulto, a manipulación e a mentira campan ás súas anchas por moitos medios de comunicación que non ocultan defender os seus propios intereses corporativistas e ideolóxicos, aínda que logo son os primeiros en criticar a manipulación dos medios públicos.

Aqueles medios de comunicación que denunciaban a corrupción, o clientelismo e a malversación de fondos públicos xa pasaron á historia. Tamén é certo de que cada vez máis os medios dependen da publicidade institucional e empresarial unha vez que as vendas diminuíron, as subscricións esborralláronse drasticamente así é que necesitan das axudas e subvencións públicas para manter a súa supervivencia. Isto favorece o clientelismo e por tanto a desinformación en favor dos gobernantes de quenda, xa sexan locais, provinciais, autonómicos ou estatais.

Os diferentes medios de comunicación (prensa, radio, tv, internet) teñen que reencontrarse co camiño da seriedade, a profesionalidade e a independencia informativa, pola contra seguirán fomentando o enfrontamento entre as dúas españas e a desconfianza nos medios que deberían ser un alicerce fundamental da sociedade democráticas.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.