Máis de 300.000 euros na renovación do pavimento dos pantaláns mexilloeiros do Porto de Rianxo

07 Xullo 2022

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá 310.000 euros nas obras de renovación do pavimento dos pantaláns mexilloeiros do porto de Rianxo co obxectivo de mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade nestas instalacións. Así o
anunciou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, durante unha visita á localidade para comprobar outras actuacións desenvolvidas polo ente público no peirao e na que mantivo un encontro con representantes do sector profesional da zona.
Esta mellora enmárcase nun proxecto construtivo conxunto do que se beneficiarán outros nove portos galegos -Baiona, Cesantes, Moaña, Cangas, Bueu, Porto do Son, Tragove (en Cambados), O Xufre (na Illa de Arousa) e Vilaxoán- que está en proceso de licitación por un importe de máis de 1,2 millóns de euros.
O obxectivo dos traballos é substituír o pavimento actual dos pantaláns por madeira tecnolóxica que evite os esvaróns, reduza os custos de mantemento, aumente a súa duración e evite outros danos derivados da degradación. A maiores, realizaranse actuacións puntuais para mellorar a seguridade dos usuarios e das propias instalacións.
Un porto funcional e accesible
A renovación do pavimento sumarase a outras melloras xa realizadas nos últimos meses pola Xunta de Galicia no porto de Rianxo co obxectivo de modernizar as instalacións e darlles maior seguridade e a accesibilidade. Así, levouse a cabo a renovación e ampliación do pantalán de profesionais de 3ª lista coa instalación de 77 novos fingers que habilitan máis de 170 prazas de amarre, implantáronse novos pilotes, escaleiras abatibles e unha baliza ao final do pantalán, así como un novo sistema de apertura das portas e torres intelixentes de subministración de enerxía, cun investimento total próximo aos 250.000 euros.
A estas actuacións engádense as obras de construción de 24 novos departamentos para usuarios do sector profesional deste porto, iniciadas o ano pasado e cun investimento público de dous millóns de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.