Luns con chuvascos o final do día e baixada de temperaturas
17 Xullo 2022
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 18° 25°
Temperatura da auga (°C)
17°
Índice ultravioleta máx.
8
O embolsamento de aire frío que estivo durante días anteriores no Atlántico achégase durante esta xornada a Galicia, dando lugar a ceos con alternancia de nubes e claros con chuvascos treboentos pola tarde e noite. Brétemas costeiras no litoral altlántico. As temperaturas sufrirán un notable descenso, máximas 22 graos. Os ventos soprarán do suroeste, frouxos en xeral, moderados no litoral noroeste.
O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá, do sur á tarde e do sur á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.
A influencia dun centro de altas presións situado en Europa Central deixará este xoves un tempo predominantemente seco e apracible tanto na comarca de Santiago como nas Rías Baixas, nunha xornada marcada por un comezo algo gris e unha clara melloría co paso das horas....
A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...
A influencia anticiclónica debilitarase de xeito transitorio este martes coa entrada dunha fronte polo noroeste de Galicia, un cambio de tempo que se deixará sentir con especial claridade tanto na área de Santiago de Compostela coma en toda a franxa das Rías Baixas. A...
A estabilidade predominará este luns, aínda que a franxa atlántica amencerá con máis nubes antes de abrirse amplos claros pola tarde Galicia comezará a semana baixo o dominio das altas presións e cunha circulación atmosférica de compoñente suroeste, o que asegurará...
Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este martes a importancia de crear as condicións necesarias para que as novas xeracións vexan no sector marítimo-pesqueiro unha oportunidade de crear as condicións de futuro que lles permita desenvolver un proxecto de...