Iniciado na Pobra o curso sobre manipulación de produtos do mar

05 Xullo 2022

O curso de recepción e procesamento de peixes e mariscos comezou no 4 de xullo na Pobra do Caramiñal coa participación dun total de 11 persoas que foron recibidas pola concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG).

Esta é a segunda acción do itinerario formativo teórico-práctico impulsado pola Concellaría do Desenvolvemento Local e a FSC Inserta, co co-financiamento da Fundación ONCE e do Fondo Social Europeo, e que rematará coa formación sobre manipulación de cargas con carretas elevadoras, traspalés e de man que se desenvolverá a partir de setembro.

O prazo para anotarse neste último curso aínda permanece aberto e a matrícula débese formalizar mediante o teléfono de contacto 981554483 ou o Servizo de Orientación Laboral do Concello, que tamén se habilita para solicitar información. As persoas aspirantes deberán estar en posesión do certificado de discapacidade igual ou superior a un 33% ou ter recoñecida a incapacidade por profesión habitual.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.