Este venres 1 de xullo celebrouse en Noia a entrega do premio XX Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos. Na resolución do certame distinguiuse finalmente a Francisco Rozados, Rochi, natural de Forcarei (Pontevedra), pola súa obra Niscoventa, presentada baixo o pseudónimo Canteiro.

A novela conta a historia de dous integrantes dun brigada antifranquista de canteiros (o nome da obra é, de feito, o xeito de designar un paraugas na lingua dos canteiros, a lingua barallete).
A cita desenvolveuse na Casa da Cutura de Noia. O certame, que ten aberto até o 15 de setembro o prazo de presentación de obras para a convocatoria XXI, veu da man do IES Virxe do Mar, da Casa da Gramática (IES Virxe do Mar) e da Concellería de Cultura que dirixe José Pérez.
O premio, único, é de 3.000 € xunto a unha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa. Ademais a obra gañadora será publicada pola editorial Toxosoutos.
Polo que respecta ás novas contribucións, os traballos serán remitidos ao seguinte enderezo:
Concello de Noia, rúa Rosalía de Castro, 2. 15200 Noia (A Coruña).



