Finde musical en Rianxo co Festival de Verán e o Ciclo de Bandas da Escola de Música

01 Xullo 2022

Comeza xullo e co novo mes collen impulso unha manchea de actividades culturais nos nosos concellos. En Rianxo, este venres 1 (e até mañá, sábado 2 de xullo) terá lugar no Pazo de Rianxiño o Festival de Verán do alumnado da Escola de Música de Rianxo. A primeira xornada a actividade dará comezo ás 20.00 horas e ao día seguinte, sábado, a música comezará a soar a partir das 12 do mediodía. Organizan a Escola de Música e o Concello coa colaboración da Deputación e Xunta.

Por outra banda, a Área de Cultura de Rianxo tamén lembra que este sábado 2 de xullo comezan as actividades da XVII edición do Ciclo de Bandas, organizado igualmente pola Escola de Música de Rianxo en colaboración co Concello e a Deputación. Farao co concerto monográfico adicado ao compositor norteamericano John Williams, un dos grandes autores de bandas sonoras cinematográficas dos séculos XX e XXI. Esta homenaxe a John Williams virá da man da Banda da Escola de Música de Rianxo e celebrarase, a partir das 22.30 horas, no Campo de Arriba (con proxección de imaxes incluída).

Ao día seguinte, domingo 3, intervirá a Banda de Música de Visantoña a partir das 21.00, tamén no Campo de Arriba.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.