O sábado Galicia manterase na influencia das altas presións, con réxime de ventos do nordés. Así, teremos un día de ceos pouco nubrados ou con nubes altas, con máis nubes no extremo norte. Cara á noite aumentarán as nubes no extremo norte, mesmo con posibilidade de orballos. As temperaturas ascenderán en xeral por riba dos 30 graos. O vento soprará do nordés, comezando con pouca intensidade e rematando o día con intensidade forte no litoral atlántico.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 13° 31°
Temperatura da auga (°C)
15°
Índice ultravioleta máx.
8
fonte: Meteogalicia
O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá e 5 a 6 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.
Este martes, Galicia quedará baixo a influencia de baixas presións situadas ao oeste de Irlanda, un panorama meteorolóxico que afectará de cheo ás Rías Baixas e á zona de Santiago coa entrada dunha fronte fría polas últimas horas do día. O tempo nas Rías Baixas Na...
A influencia directa das altas presións situadas ao noroeste peninsular marcará o inicio de semana, garantindo unha xornada de estabilidade meteorolóxica xeral pero con matices evidentes entre o norte e o sur. O Barbanza Durante o luns, a metade sur gozará de ceos...
Santiago e a comarca das Rías Baixas vivirán este domingo 18, San Lucas, unha xornada de ceos despexados, con entrada de nubes altas pola tarde e sen risco de choiva, aínda que marcada por un cambio no termómetro. As temperaturas sufrirán un descenso xeral que se...
As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este sábado 17, unha xornada de transición meteorolóxica, caracterizada polo protagonismo do vento do nordés e unha caída acusada dos termómetros nas horas centrais do día. Mentres o interior de Galicia —especialmente as...
A recente celebración da cuadraxésima novena edición dos Premios da Crítica de Galicia na cidade olívica supuxo un novo fito de convocatoria e excelencia, poñendo de manifesto a vixencia dun proxecto que roza xa medio século de lealdade ininterrompida. Como máximo...
Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...