Entrega de bandeiras, literatura e concurso polo Día da Patria Galega na Pobra

11 Xullo 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal festexará o Día da Patria Galega, no 25 de xullo, cunha serie de actividades coas que poñer en valor a nosa identidade. O concelleiro da Normalización Lingüística, Xabier Santos (BNG), anunciou que se fará a entrega de bandeiras galegas na vindeira semana. A veciñanza que desexe dispoñer dunha tan só terá que achegarse ata a casa consistorial.
Outra das propostas que se lanzan dende a Administración local é a presentación de O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón, quen tamén asistiu ao acto de presentación da programación. Será no 18 de xullo, ás 21.00 horas, na alameda. O historiador, sociolingüista e poeta explicou que a obra recolle as consecuencias que tivo a Guerra Civil no ámbito galego a distintos niveis, entre eles, o lingüístico. Pero tamén se afonda en como esa represión xa viña de anos atrás, remontándose a 1480 cando se prohibe que os escribáns poidan continuar utilizando o galego. Analizarase tamén esta situación no caso concreto da Pobra e como o movemento social conseguiu que o noso idioma avanzase nos diferentes ámbitos a pesar dos obstáculos.
A maiores, impúlsase a segunda edición do concurso Galeguizando TikTok para fomenta-lo uso do noso idioma nas novas tecnoloxías. Os vídeos deberán estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da app TikTok. As persoas participantes, que deben ter trece anos ou máis, deberán anotarse e face-la entrega do vídeo mediante o enderezo electrónico normalizacion.linguistica@apobra.gal. Os premios serán un lote de produtos culturais galegos e establécense un total de 3 distincións valoradas en 100 euros cada unha: ao máis orixinal, ao máis
divertido e ao máis creativo.
A data límite para a inscrición estipúlase no día 5 de agosto, e unha vez formalizada a mesma, outorgaráselle a cada persoa un código de identificación para pór na súa gravación. O envío das pezas farase antes de rematar o día 15 de agosto. Máis información na páxina web www.apobra.gal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...