A aula de ballet situada no Conservatorio Municipal foi escenario esta maña da clausura do
obradoiro Verán en Danza, no que participaron doce pequenas bailarinas con Cristina Riveiro como profesora.
Con motivo da entrega de diplomas acudiu ata a instalación a concelleira de Cultura María Sampedro, quen ensalzou o bo labor destas rapazas na aprendizaxe dunha disciplina tan bonita como é a danza clásica.




