En marcha o censo de embarcacións tradicionais de Galicia coa inclusión das primeiras dúas ducias de barcos

27 Xullo 2022

Esta semana púxose en marcha o censo de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, unha base de datos integrada no Censo de Patrimonio Cultural. Fíxose coa inclusión dos primeiros 23 barcos. O censo forma parte das medidas de salvagarda postas en marcha pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para garantir o legado das técnicas construtivas da carpintaría de ribeira que se recollen na declaración de Ben de Interese Cultural aprobada en 2019.

As primeiras resolucións foron publicadas este martes 26 no Diario Oficial de Galicia, que nos vindeiros días continuará oficializando as restantes.

O órgano encargado de avaliar cada unha das solicitudes está constituído por representantes da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI, en representación dos portadores e mestres carpinteiros), da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e da Federación Galega de Confrarías –estas dúas últimas en representación dos usuarios–, así como por un experto independente e outro de Portos de Galicia.

Trátase dunha ferramenta de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial que representa ás comunidades portadoras dos seus valores culturais, e non ten un carácter administrativo nin dependente da Xunta de Galicia.

Na listaxe deste martes 26 publícanse no DOG as resolucións polas que se inclúen na sección de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, do Censo de Patrimonio Cultural de Galicia das seguintes embarcacións: Canouro, Funqueira, Nordesia, Reina, Balbina, Lelia Doura, Curuxán e Xoulon. Nos vindeiros días iranse publicando as resolucións dos restantes barcos: Semparada, Falucheira, Fanequeira, A Marosa, A Oleira, Anguleiro, Madorniña, O Peixiño, Silvia Cristina, Mar de Muros, A Barola, Cormoráns de Ons, Chasula, Sara O e Casilda Un.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...