En Boiro, máis seguridade durante as Festas de Verán que comezan este venres

01 Xullo 2022

O Concello de Boiro anunciou que vai reforzar a seguridade durante as Festas do Verán 2022. Farao co obxectivo de “evitar incidencias e imprevistos derivados da concentración de xente”. Ademais do fortalecemento de patrullas da Policía Local durante os días das festas, o Concello de Boiro solicitou o reforzo por parte da Garda Civil á Subdelegación do Goberno para aumentar os recursos e o control durante o desenvolvemento das actividades e nos locais de ocio.

Presentación do programa das Festas de Boiro

Cambios e cortes nas rúas

En canto á organización do tráfico a Policía Local informou que a avenida da Constitución e as rúas transversais quedarán cortadas aos vehículos todos os días a partir das 20.00 horas, agás para o acceso de residentes. Ademais, co obxectivo de “evitar as aglomeracións na praza de Galicia” e “facilitar as saídas de emerxencia”, a rúa Principal permanecerá cortada ao tráfico a partir das 22.00 horas e os desvíos faranse pola rúa Fernández Mato e rúa Bao.

Ademais, preparouse un operativo especial de limpeza de rúas e recollida de lixo, aumentando o reforzo no persoal de limpeza viaria. “Queremos que todo o mundo poida desfrutar das festas con seguridade, polo que a colaboración da veciñanza é fundamental para que non ocorran imprevistos”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero, engadindo que o Concello de Boiro estableceu unha “hora sen ruído durante os días das festas”, na que as atraccións funcionarán sen música para aquelas persoas ás que os ruídos fortes lles afectan, que se desenvolverá todos os días de 20.00 a 21.00 horas.

O programa previsto para este venres 1 de xuño, comeza ás 20.00 horas coas salvas ás 20.00h; ruada con Trópico de Grelos ás 20.30h; ás 21.00h comezará o pregón cos nenos e nenas de Boiro como protagonistas; a partir das 21.30h na praza de Galicia Michel for Kids, Olympus, e Tributo a Alejandro Sanz; ás 23.00h Grande Amore na praza Centro Social e na Cachada Festa Remember coas Peñas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

“Legislatura serena y estable”. José Castro López

El inicio de la duodécima legislatura en el Parlamento gallego reconcilia con la política,al menos por unos días. Sin entrar en los detalles de la liturgia protocolaria del acto, haydos imágenes relevantes que captaron las cámaras y publicaron los medios impresos...

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...