Dezaoito obras optan ao Premio Castelao de Banda Desañada que se fallará o 13 de xullo na Coruña

07 Xullo 2022

Até dezaoito obras optan este ano ao Premio Castelo de Banda Deseñada convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. Establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un deles, para a modalidade xeral de obras dirixidas a todo tipo de lectores, e a modalidade LIX para obras dirixidas ao público lector infantil e xuvenil. As obras premiadas poderán ser escritas e debuxadas, cada unha delas, por un máximo de dúas persoas autoras, unha como guionista e outra como debuxante.

O xurado reunirase o mércores, 13 de xullo, na sede da Deputación. Os cinco membros son ilustradoras e ilustradores cunha recoñecida traxectoria na creación de banda deseñada e ilustración editorial: Nuria Díaz, Araceli Paz, Quique Mauricio, Carlos Taboada e a gañadora do ano pasado, Julia Lago. Na xuntanza tamén estarán presentes o deputado de Cultura, Xurxo Couto, persoal técnico do Servizo de Cultura da Deputación e a comisaria do premio, Susana Pedreira.

O Premio Castelao chegará en 2023 á súa maioría de idade mantendo o obxectivo de impulsar o talento dos profesionais que traballan na creación de banda deseñada en Galicia, colectivo que desde hai anos está considerado como un dos máis importantes do panorama estatal. Este galardón naceu en 2005 con David Rubín como primeiro gañador, un dos autores galegos con maior proxección internacional na actualidade. Desde entón, creadores como Kiko da Silva, Begoña García-Alén, Antonio Seijas ou Beatriz Lema resultaron gañadores do Castelao.

Xurado

Nuria Diaz (Vilagarcía de Arousa, 1982): Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e ten un Máster en Arte e Comunicación. É ilustradora nos ámbitos editorial, publicitario e de produto. Comezou a súa carreira profesional cara o deseño gráfico, pero tras gañar en 2010 o premio de ilustración Pura e Dora Vázquez, comezou a facer os seus primeiros traballos no mundo da ilustración, profesión á que se dedica na actualidade. Ademais de traballar para editoriais e axencias, aplica as súas ilustracións a produtos de papelería e decoración.

Araceli Paz (Ferrol 1994): Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Comezou a súa traxectoria como viñetista, creando ilustracións de humor para as redes sociais. En 2018 abriu a súa conta de Instagram @aracaeli_ a través da que comezou a compartir a vida e ocorrencias do seu alter ego, engaiolando a milleiros de seareiros. Konichi¡guau! e No Nací Princesa son os seus dous primeiros libros.

Carlos Taboada e Quique Mauricio: fundadores de Polo Correo do Vento, un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos. Son autores de banda deseñada e levan a actividade Contos ilustrados por toda Galicia.

Julia Lago (A Coruña 1994): Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, cun máster en Ilustración e Deseño pola Politécnica de Valencia. Combina a produción propia con encargos de clientes grandes e pequenos. Coa súa banda deseñada Nós Seis gañou o XVI Premio Castelao de Banda Deseñada 2021. Recentemente abriu un espazo expositivo na Coruña chamado Grelería.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...