Descobren na Illa de Cortegada unha nova especie de fungos única no mundo

22 Xullo 2022

Physalacria auricularioides é o nome da nova especie de fungos que acaba de ser descuberta na Illa de Cortegada, trátase dun basidiomiceto único no mundo e atopado por primeira vez nesta illa. O xénero ao que pertence Physalacria inclúe máis de 40 especies coñecidas, case todas elas saprofitas e encontradas no hemisferio sur e nos trópicos. “Créese que as especies que se encontran no hemisferio norte foron introducidas alí xunto coas súas plantas hóspedes”, explica o investigador da USC Saúl de la Peña-Lastra, un dos responsables deste achado. Ademais, ata este descubrimento, Ph. stilboidea (especie hóspede Griselinia littoralis) e Ph. cryptomeriae (especie hóspede Cryptomeria japonica), eran as únicas especies de Physalacria coñecidas en Europa. Esta nova especie é difícil de atopar debido ao seu reducido tamaño e á súa cor pouco destacable. Ademais, crece e aliméntase sobre as puntas das ramas mortas de castiñeiros.

A Illa de Cortegada presenta unhas condicións ambientais, forestais e históricas que fan que sexa un enclave especial, non só en Galicia, senón en España e en Europa, sendo especialmente destacable a presenza dunha laurisilva de gran importancia ecolóxica. “Despois de 15 anos de estudo micolóxico pola nosa banda, chegouse á conclusión de que neste campo é un enclave único”, sinala o investigador da USC. “Dende o inicio do noso estudo, xa xurdiu a admiración cara a este enclave privilexiado que depara constantemente a sorpresa de novos achados para a elaboración do seu xa extenso catálogo”, sinala.

Nunha superficie tan pequena localizáronse ata a data máis de 800 especies de cogomelos, estando o seu estudo aínda en curso (estímanse máis de 1.000 especies). Os xabarís son neste lugar o inimigo principal dos fungos, debido a que non se limitan a comer os corpos frutíferos (cogomelos) senón que tamén destrúen e consomen o micelio deixándoo en contacto co aire.

Riqueza natural

Actualmente, existe unha gran controversia entre o número total de especies de fungos do planeta. Con todo, os números máis barallados son entre 1 e 1,5 millóns. No caso de Europa esa cantidade estímase en 12.500 especies. Do total de fungos estimados a nivel mundial só se coñece aproximadamente o 6,7%. “Isto pode ser debido a diferentes aspectos, como a complexidade dos ciclos dos fungos, xa que son moi efémeros e poden tardar en volver frutificar máis de 50 anos; a variabilidade dentro da mesma especie e entre diferentes especies; a dificultade para a súa observación; a falta de datos especializados para a súa clasificación; ou a falta de investigadores de campo, entre outros”, advirte Saúl de la Peña-Lastra.

Do número de especies de fungos atopadas en función da súa superficie, Galicia, con tres millóns de hectáreas, conta con aproximadamente 2.000 especies segundo o Catálogo Micolóxico Galego. Ademais, dos 15 Parques Nacionais e 195 Parques Naturais españois só hai publicacións de estudos micolóxicos nun 20% e 1,5% deles, respectivamente. En xeral, os parques españois presentan superficies moito maiores e con moitas menos especies que na pequena illa de Cortegada, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

A Illa de Cortegada con máis de 800 especies de fungos e 44 hectáreas presenta o 40% do número total de especies referenciadas no Catálogo Micolóxico Galego e é o espazo natural máis importante a nivel estatal ata a data facéndose patente a súa riqueza.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...