O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá este 15 de xullo ás 20.30 horas a presentación do libro Herederos de Caín, de Daniel Casteldom.
Organizado pola Concellaría da Cultura, o acto contará coas intervencións do propio autor e da edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).
Esta novela trata de satirizar a sociedade na cal vivimos a través duns personaxes que entran no mundo do narcotráfico galego e sofren todo tipo de adversidades froito dos seus actos.
A entrada é libre ata completar a cabida.




