Convocadas na Pobra as axudas para a escolarización para o curso 2022-2023

04 Xullo 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal convocou as axudas para a escolarización destinadas a familias en condicións económicas e sociais desfavorábeis, contribuíndo a sufragar os gastos de adquisición de material escolar e os gastos de comedor para o curso 2022-2023. O orzamento dedicado para estas achegas é de 11.000 euros.

O prazo para a presentación das solicitudes vai dende o 4 ao 22 de xullo, inclusive. As solicitudes das subvencións subscribiranse polo pai, a nai ou a/o representante legal do/da menor e deberán ser entregadas con toda a documentación no rexistro do Concello.

Poderán ser beneficiarias tódalas persoas empadroadas no concello pobrense que durante o ano académico 2022-2023 cursen os estudos da educación infantil, da primaria e da secundaria obrigatoria, nos centros sostidos con fondos públicos do termo municipal, que formen parte de unidades familiares que se atopen incluídas en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais municipais ou que presenten unha grave situación de desvantaxe ou risco social e cumpran os requisitos establecidos.

A convocatoria xa se atopa publicada na páxina web do Concello, onde tamén se detalla toda a información e documentación que se debe presentar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.