Cinco fanequeiras dorneiras de Ribeira contarán con persoal formado para actuar contra agresións machistas

15 Xullo 2022

A Real e Ilustre Confraría da Dorna, a Asociación Mulleres en Acción e o Concello de Ribeira xuntaron forzas para achegar lugares seguros contra as agresións machistas. Farano coa axuda de cinco fanequeiras da cidade (cinco locais hostaleiros sedes de cadansúas peñas dorneiras), que estarán habilitadas como puntos violeta durante esta LXXIV sinjladura que arrinca este sábado 16 de xullo coa finalidade de “sensibilizar, informar e previr a violencia sexual”.

A iniciativa foi debullada nun acto que contou con intervencións de Sara Sevilla como presidenta da Confraría da Dorna, de Sara Moure e Marisol Guevara en representación da Asociación Mulleres en Acción, e da concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreira.

Os locais, escollidos estratexicamente pola súa situación, son Tasca do Barbanza, Cocoluche, Desván, Galleguiña e Recoveira. En todos eles haberá persoal formado sobre como actuar no caso dunha posíbel agresión sexual. Estarán identificados cunhas chapas lila e calquera muller que se sinta acosada pode achegarse a eles. Estes establecementos tamén contarán cuns totems informativos nos que se poden acceder a instrucións e números de teléfono aos que poder chamar.

Ademais, Sara Sevilla explicou que “en todos os bares que están colaborando coa Dorna hai un adhesivo no aseo feminino coas palabras auga violeta e, con só dicir a un camareiro ou camareira esta expresión, este xa saberá que a muller que a profire está nalgún tipo de perigo sexual e prestará a súa axuda”.

Futuros puntos

Ana Barreiro avanzou que dende o CIM tamén se van a poñer en marcha este verán puntos violeta no Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde de Ribeira, no Hospital da Barbanza e na nova Comisaría de Policía Nacional.

Outros artigos

Denunciada unha onda de roubos no centro de Ribeira

Veciños de varias rúas do centro de Ribeira denuncian que nos últimos días producíronse varios roubos en coches, así como pequenos furtos que sementaron a inseguridade nesta zona. Unha das vítimas foi o propietario dun turismo ao que lle rebentaron unha lúa da parte...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

“Paz e despois gloria”. Luís Celeiro

Eles tamén ganaron, aínda que desta vez, como noutras ocasións, houbo perdedoresagochados detrás do parapeto da verborrea ou dese inmenso muro de silencio. Taménhoubo quen, con tristura e desacougo, admitiu a derrota e parece que está en disposiciónde intentalo...