Catro persoas resultan feridas ao colidir dous coches en Padrón

28 Xullo 2022

As persoas accidentadas foron trasladadas polos servizos sanitarios ao Hospital A Rosaleda. O sinistro produciuse no punto quilométrico 75 da N-550, ao fío das 14:00 horas.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia nese intre para alertar do choque. Segundo indicaba na súa comunicación, as persoas implicadas no sinistro puideran abandonar os vehículos polos seus propios medios.

Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Padrón e dos Bombeiros de Boiro.

Bombeiros Boiro. Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro xunto Emerxencias Terras de Iria, Policía Local de Padrón e 061 interviron en accidente con feridos no lugar da Picaraña no Concello de Padrón

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.