Catro anos e medio de cárcere impostos a un acusado de golpear ao seu veciño cunha barra de ferro en Noia

12 Xullo 2022

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de catro anos e medio de cárcere imposta pola Audiencia Provincial da Coruña a un acusado de golpear ao seu veciño cunha barra de ferro en Noia. Os maxistrados rexeitaron o recurso do investigado e consideraron probado, do mesmo xeito que o tribunal de primeira instancia, que en novembro de 2018 golpeou varias veces coa barra de ferro á vítima, que acudira ao seu domicilio para recriminarlle uns comentarios que fixera a uns veciños sobre ela. A relación entre ambos, segundo o fallo xudicial, non era boa. Ambos mantiveron unha discusión, ao final da cal se produciu a agresión. Ademais da pena de prisión, o tribunal impúxolle o pagamento dunha indemnización de 24.932 euros á vítima polas lesións e secuelas que sofre.

O TSXG salienta que comparte os criterios da sentenza apelada, á vez que destaca que a versión alternativa aos feitos que pretende dar o acusado “non se sostén nin ante a versión da vítima nin ante o informe do médico forense”. A Sala aceptou, do mesmo xeito que a Audiencia, que o recorrente golpeou “por sorpresa e por detrás” ao seu veciño, “servíndose dunha barra de ferro, cualificada para causar grave dano”, polo que confirma a existencia da agravante de aleivosía.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.