Bon III, Cámping Ría de Arousa e Orlando converten en espectacular a nova Volta a Ons

04 Xullo 2022

O día non defraudou, cun vento do nordeste duns 10 nós na saída que aos poucos foi subindo até os preto de 20 nós que había na chegada e un sol que brillaba como poucas veces. Na saída da 14ª Volta a Ons (Memorial Rocío Betanzos Santamaría, Copa Galicia de Cruceiros) viuse a unha frota nerviosa nos primeiros instantes, que facían que o Comité de Regatas tivese que realizar unha chamada xeral debido a que varias unidades cruzaron a liña de saída antes do aviso. Á segunda foi a vencida e os barcos, despois de pasar pola baliza de desmarque, dirixíronse cara a unha baliza situada nas inmediacións da praia do Areal. A continuación, a frota puña rumbo á bocana sur da ría cos spis izados para realizar un espectacular percorrido de 35 millas. O obxectivo: circunnavegar as illas de Ons e Onza. Organizou o Club Náutico Arousa Norte (A Pobra).

Xa nos primeiros instantes, o Bon III, de Victor Carrión, do CN Punta Lagoa, ensinou a popa ao resto da frota e non cesaría até cruzar a liña de chegada situada na punta do espigón do porto comercial da Pobra. As 5 horas e 25 minutos que tardou en realizar o percorrido valéronlle para levar o primeiro posto na súa clase e o primeiro posto na clasificación xeral, valedoira para a Copa Galica de Clubs. Segundo, tras o barco vigués, na clase ORC A, quedou o Ziralla Primero, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club e terceiro o barco local Chispetrén, de Jesús Iglesias.

Na clase ORC B, o pobrense José Manuel Pombar e o seu Cámping Ria de Arousa, impúñase aos seus rivais. Segundo foi o Ronautica Marinas, de Joaquin Carneiro, do Ro Yacht Club, que a pesar de entrar 35 segundos por diante do pobrense, tras a compensación de tempos tería que conformarse coa segunda posición. Terceiro posto para o representante do CD Alagua da Guarda, o Nahela, de Victor Manuel Alvarez.

En ORC C, primeiro posto para o Orlando, de Gerardo Sánchez, que non deu opcións aos seus rivais. Segundo para o representante do Club Náutico de Boiro, Piko Norte e terceiro para o riveirense Galopín, que perdía posicións tras un erro no paso do Camouco, na parte norte da illa de Ons.

Ao finalizar a regata, celebrouse a recepción e entrega de trofeos coa presenza da concelleira Charo Varela, e senllos representantes das firmas patrocinadoras Atlantic Dental Institute e Clínica Gonzalo López, así como representantes de Marinas Muport. Desde a organización emprazouse a todas as partes á próxima edición, co obxectivo posto en “que cada vez sexan máis as embarcacións que tomen a saída nesta espectacular regata que discorre por un marco incomparábel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...