O Concello de Boiro celebrou este xoves 28 de xullo o pleno ordinario do mes de xullo, que contou cun total de 16 membros da Corporación ao ausentarse un concelleiro do grupo municipal do Partido Popular. Na sesión plenaria, que pode verse íntegra na canle municipal de YouTube, aprobáronse propostas de gran relevancia, como a achegada polo equipo de Goberno local relativa ás subvencións nominativas e entidades (un aumento de 12.000 euros).

1. Aprobación, se procede, do ditame sobre a declaración institucional en materia antifraude – aprobación por unanimidade (16 votos a favor).
2. Aprobación inicial, se procede, da modificación puntual do PXOM para a modificación da ordenanza 6.2 “Parque empresarial de Espiñeira” – aprobación por unanimidade (16 votos a favor).
3. Aprobación inicial, se procede, do ditame de crédito extraordinario núm. 1/2022, e modificación das bases de execución orzamentaria número 2/2022 (subvencións nominativas a entidades) – aprobación con 14 votos a favor (PP, PSOE, Boiro Novo, IC Boiro, non adscrito) e 2 abstencións (BNG).
4. Aprobación inicial, se procede, do ditame de crédito extraordinario núm. 2/2022 financiado co remanente de tesourería para gastos xerais (subvencións de concorrencia deportes) – aprobación con 14 votos a favor (PP, PSOE, Boiro Novo, IC Boiro, non adscrito) e 2 abstencións (BNG).
5. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario núm. 3/2022 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. (adquisición dun vehículo eléctrico para Policía Local) – aprobación con 9 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo e non adscrito), 1 voto en contra (IC Boiro) e 6 abstencións (PP).
6. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario núm. 4/2022 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. (obra de construción da cuberta do pavillón municipal da Cachada) – aprobación con 13 votos a favor (PSOE, BNG, Boiro Novo e non adscrito) e 3 abtencións (BNG, non adscrito).
7. Aprobación inicial, se procede, do ditame do suplemento de crédito 1/2022 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. (financiamento da execución do proxecto para modernización do centro comercial aberto, cofinanciado con fondos Next Generation) – aprobación con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito) e 9 abstencións (PP, BNG e IC Boiro).
8. Ratificación, se procede, previa declaración de urxencia da inclusión na orde do día da proposta de alcaldía relativa á aprobación do “Proxecto de dinamización do espazo coworking do Concello de Boiro – LAB Barbanza 2.0” e solicitude de subvención á Deputación provincial – rexeitada a aprobación da urxencia.
9. Moción do grupo municipal popular en relación á transferencia da competencia sobre a xestión do dominio público marítimo-terrestre – aprobada por unanimidade (16 votos a favor) e cunha enmenda realizada polo BNG.
10. Moción do grupo municipal do BNG sobre a mellora na atención primaria e no servizo de pediatría – aprobación con 15 votos a favor (PP, PSOE, BNG, Boiro Novo e IC Boiro) e 1 abstención (non adscrito).
11. Moción de Boiro Novo para instar á Xunta de Galicia a construción dun pantalán de acceso ao mar para o uso do Club de Remo de Cabo de Cruz – aprobación por unanimidade (16 votos a favor).



