A Sociedade Deportiva Barbantia Roda, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza a Andaina Santa Compaña, o vindeiro 14 de agosto. A distancia será de 8 quilómetros aproximadamente e o percorrido, segundo informan dende Barantia Roda, “será unha sorpresa”.
A andaina comezará as 23:00 e o punto de encontro para a saída estará habilitado na área recreativa de Campo Maneiro (Taragoña).
A inscrición é obrigatoria e poderá formalizarse en: Cluber.es, Servizo de Deportes, Pavillón Polideportivo de Rianxo e Barbantia Roda.
A actividade é de balde e non existe límite de prazas.
O prazo remata o 11 de agosto.
Quen precise máis información pode atopala na aplicación de Cluber.




