
A secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, reuniuse este martes con representantes da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e máis os presidentes das distintas federacións rexionais, para analizaren a situación do sector derivada do incremento dos custos de produción e as medidas postas en marcha polo o Goberno para paliar os seus afectos.
Neste contexto, Alicia Villauriz anunciou o inminente comezo do procedemento de consulta pública da orde de axudas á pesca e á acuicultura establecidas no real decreto-lei de 29 de marzo de medidas urxentes de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra de Ucraína, con financiamento procedente do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e da Acuicultura. Cando se cumprimente este trámite, o ministerio publicará a orde de convocatoria á menor brevidade posible.
A dotación orzamentaria prevista para estas axudas é de 50 millóns de euros, dos que 30 millóns , dos que 30 corresponden á pesca e os restantes 20 millóns á acuicultura. O devandito real decreto-lei prevé a intervención das entidades asociativas representativas do sector para a xestión e pagamento destas subvencións, en calidade de entidades colaboradoras, o que precisa da suscrición de convenios de colaboración, agás no caso das confrarías, ao se tratar de corporacións de dereito público.
A propia secretaria xeral de Pesca informou do estado de tramitación das axudas de Estado a empresas armadoras de buques pesqueiros , establecidas asimesmo no real decreto-lei de 29 de marzo. Ata o día de hoxe o Ministerio publicou na súa sede electrónica dúas resolución estimatorias de pagamento, que supoñen case que o 85% da contía total prevista.
Alicis Villauriz afirmou que se segue a traballar na tramitación das axudas a empresas armadoras de buque pesqueiros que presentaban diversas incidencias.
Todas estas axudas súmanse á bonificación de 20 céntimos no prezo do carburante, que xa se aplica a todos os bardos que repostan en España e que se estenden ata o vindeiro mes de decembro.
Na reunión tamén se detallaron as liñas de subvencións enmarcadas no convenio subscrito polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e a Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA) para facilitar o acceso ao financiamento, entre outros, ás pemes agroalimentarias e aos operadores do sector pesqueiro e acuícola, cos fin de paliar o incremento da produccón derivada da actual situación económica internacional.



