Nova alianza tecnolóxica a prol dunha sociedade inclusiva![]() A Rede Galega de I+D+i de Tecnoloxías de Apoio para unha Sociedade Inclusiva presentouse esta mañá no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC (CITIC). A finalidade deste grupo de traballo interdisciplinar, promovido por axentes científicos como o propio CITIC, colexios profesionais como o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e máis de dez entidades galegas do terceiro sector, é poñer as TIC ó servizo de persoas maiores e con discapacidade para mellorar a súa calidade de vida. A Rede, aberta a calquera iniciativa que aporte valor engadido no ámbito das TIC, encargarase de desenvolver proxectos tecnolóxicos innovadores e inclusivos.[ler máis] Os Chromecast con Google TV permiten ver as imaxes das cámaras de Google ![]() Hai 9 anos que Google lanzou o seu Chromecast, unha solución moi práctica para levar contidos multimedia da Internet a televisores sen capacidades de Smart TV, e para celebrar o aniversario desta familia de dispositivos anuncian novas características para os mesmos, sendo a máis salientable que os Chromecast con Google TV recibirán soporte de timbres e cámaras Nest, de xeito que cando chame alguén á porta ou haxa un intruso no noso xardín poderemos ver a imaxe das nosas cámaras de Google directamente no televisor.[ler máis] 4 millóns de usuarios xogaron a Fortnite a través da nube de Xbox ![]() En maio Microsoft sorprendeu ofrecendo a posibilidade de empregar o servizo de Xbox Cloud Gaming para xogar de balde a Fortnite, o que resultaba especialmente atractivo para usuarios de dispositivos con iOS (que non teñen dispoñible o xogo na tenda de aplicacións de Apple), e Satya Nadella vén de confirmar o éxito desta iniciativa, xa que houbo máis de 4 millóns de xogadores que gozaron do xogo de Epic Games deste xeito, dos que máis dun millón eran novos no ecosistema de Xbox.[ler máis] |
Novo número da nosa edición impresa de Código Cero- Revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia
Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 275 na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...






