As mulleres artesás de Galicia levan o seu mercado e os seus obradoiros ao Curro de Portosín, este domingo 10

09 Xullo 2022

A segunda edición da iniciativa Un mercado en cada porto, impulsada por Mulleres Artesás de Galicia, vai recalar este domingo 10 de xullo na praza do Curro en Portosín (Porto do Son). A cita desenvolverase en horario de 11.00 a 20.00 horas. Organizan a empresa Onyvá Eventos en colaboración coa Xunta e o Concello. Trátase dunha xira estival de mercados de artesanía con paradas en diferentes localidades costeiras galegas. O programa de actividades inclúe obradoiros e homenaxes ás mulleres artesás de Galicia.

Trátase, máis polo miúdo, dun mercado itinerante, liderado por mulleres creativas, que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos, “mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais da cultura galega”, en palabras das entidades organizadoras. A xira comezou en Poio e logo da recalada no Curro de Portosín, o 10 de xullo, pasará pola pola Alameda de Rianxo nas festas do Carme, o 17 de xullo; polo porto de Fisterra, o 25 de xullo; por Malpica, o 31 de xullo; e pola dársena da Coruña, o 28 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.