Aparece o cadáver dun home nas rochas da praia de Ancados en Boiro

31 Xullo 2022

Os feitos sucederon na praia da rampa de Ancados. Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Boiro, os axentes da Garda Civil, Protección Civil, a Policía Local e os servizos sanitarios, que nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.  Trátase do veciño de Boiro P. H.S., de 50 anos que acostumaba a saír a nadar a unha plaia moi próxima a súa casa, en Triñáns. O parecer, foi a súa irmán a que atopou o corpo sobre unhas rochas.

Un familiar do falecido contactou co 112 Galicia, ao fío das 09:00 horas, para alertar de que encontrara ao home nunha zona de rochas. Segundo indicaba, desde esta mañá descoñecían o seu paradoiro e saíran a buscalo.

Arestora, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.

Bombeiros de Boiro

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...