Andaina Pro Saúde Mental organiza puntos de lectura nas bibliotecas municipais de Dodro e Padrón para a prevención de suicidio

01 Xullo 2022

Proseguen nos nosos concellos as actividades de apoio para previr o suicidio impulsadas dende a Asociación Andaina PSM (Pro Saúde Mental). Desta volta a entidade está a sumar esforzos para habilitar puntos de lectura permanentes sobre suicidio en colaboración coas Bibliotecas Municipais das comarcas de Ordes e Ulla-Sar. Dita iniciativa, na que se inclúe ao concello de Dodro, vén a ser unha das actuacións que contempla a liña de información e sensibilización do programa de prevención do suicidio que a entidade desenvolve nos municipios destas comarcas.

Un dos obradoiros celebrados na Biblioteca Municipal de Dodro

Programa específico

Andaina PSM conta cun programa específico de prevención de suicidio que se está a desenvolver na comarca de Ordes dende 2020 e na comarca de Ulla-Sar dende 2021. Este programa pretende “abrir o debate en torno a un problema que vén incidindo de xeito notábel na nosa comunidade, así como ofrecer acompañamento e ferramentas a profesionais e persoas vulnerábeis ou achegadas para a abordaxe desta problemática”.

O proxecto estrutúrase en tres liñas de acción: formación a profesionais do ámbito sociosanitario, intervención con persoas e grupos vulnerábeis e información e sensibilización social sobre a prevención da conduta suicida.

Como dixemos, en colaboración coas bibliotecas municipais das comarcas mencionadas organizáronse puntos de lectura sobre suicidio que están dotados dun mínimo de 5 títulos de obras que abordan a temática de xeito específico, así como de material de difusión do programa e de información e recomendacións.

Neste 2022 as bibliotecas colaboradoras son as Bibliotecas Municipais de Ordes, Oroso, Dodro e Padrón. Os puntos de lectura estarán en funcionamento dende o mes de xuño e manteranse ata comezos do mes de outubro. A entidade invita ao seguimento da súa actividade en redes sociais (Andaina Pro Saúde Mental en Facebook e @andaina_prosaudemental en Instagram) para poder coñecer as datas nas que se desenvolverán os obradoiros de lectura nas restantes bibliotecas colaboradoras.

Andaina Pro Saúde Mental, Andaina PSM, é unha asociación de persoas e familiares afectadas por trastorno mental grave que ten como finalidade prestar apoio e atención, contribuíndo á mellora da súa autonomía persoal e calidade de vida.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.