Ampliación de aforo para o concerto da Real Filharmonía de Galicia no Pazo de Goiáns

21 Xullo 2022


O Concello de Boiro amplía a capacidade máxima para o concerto da Real Filharmonía de Galicia do vindeiro venres 22 de xullo no Pazo de Goiáns ata as 700 persoas. Logo de realizar a instalación do escenario e organizada a
loxística do espazo, aumentouse en duascentas persoas a capacidade para cubrir a demanda de entradas.
O número máximo de entradas que se poden recoller por persoa é de 2 e o reparto farase por orde de chegada. O reparto de novos espazos farase do seguinte xeito:

  • Online na páxina web do Concello de Boiro ( www.boiro.gal ) o xoves 21 de xullo a partir das 16.00 horas.
  • Presencial na Oficina de Turismo de Boiro o venres 22 de xullo a partir das 10.00 horas.
    As reservas online realizaranse cubrindo no formulario que estará dispoñible na web municipal o nome e apelidos, enderezo electrónico e número de contacto. As reservas confirmadas recibirán un correo electrónico de confirmación.
    As portas do recinto para asistir ao concerto abriranse ás 20.00 horas e pecharán 10 minutos antes do inicio do espectáculo. Unha vez comezada a actuación non se poderá acceder ao recinto e o espazo deberá quedar en rigoroso silencio. As persoas que teñen o ticket físico terán acceso directo e aquelas que fixesen a reservan online e non recollesen o seu ticket deberán amosar na porta a confirmación da reserva e facilitar os datos cos que foi feita a mesma.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...