Amicos clausurou o seu curso de auxiliar de cociña

15 Xullo 2022

A asociación inclusiva da nosa comarca Amicos clausurou este venres 15 de xullo o curso Auxiliar de Cociña, pertencente ao seu programa Máis Emprego, que desenvolve en colaboración coa Fundación La Caixa e o Fondo Social Europeo. Os oito alumnos formados recibiron un diploma en recoñecemento ao seu esforzo.

O curso, dirixido a persoas desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social, tivo unha duración de 40 horas prácticas, abranguendo no seu inicio unha formación previa teórica para obter o carné de manipulador de alimentos.

Miguel Mosteiro, coñecido cociñeiro pola súa aparición en programas como Estache bo da TVG, foi o encargado de impartir o curso e destacou a implicación do alumnado en todos os tipos de pratos que elaboraban, “dende cousas máis básicas ata pratos máis elaborados como coello en escabeche”. Desexou que a aprendizaxe alí adquirida “lles valga ás persoas participantes para poder traballar en hostalería”.

Doutra banda, Miguel Beiro, responsábel da área de Empresas e Emprego de Amicos comentou que “para a Asociación Amicos é un verdadeiro pracer e unha honra estar aquí un ano máis, nesta terceira edición da acción formativa”. Engadiu: “A formación é unha parte máis do proceso para conseguir a inserción sociolaboral”.

Entre os asistentes estiveron tamén María Maneiro Quintáns, tenente Alcalde do Porto do Son e Manel Deán Pouso, concelleiro de Emprego do Porto do Son que dedicou unhas palabras de agradecemento á asociación e felicitou ao alumnado que realizou a formación. Rematou animando a que “calquera local de hostalería ou de restauración poidan contar con eles e elas nun futuro o máis próximo posíbel”. Ademais estivo presente Jose M. Pazó, orientador laboral do Concello de Porto do Son.

Trala entrega de diplomas levouse a cabo un show cooking onde os alumnos e alumnas formados elaboraron diferentes pratos para poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.